FERVENZAS DE CURES

Fervenzas
383
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cures (Santo André)

Boiro - A Coruña

Coordenadas:
42º 41' 47.7" N - 8º 54' 20.3" W

Descrición

Desde a Estación de Vixiancia Aérea (EVA 10), no concello de Boiro, a uns 500 m seguiremos a estrada que pasa pola fervenza de Cadarnoxo. Despois de pasar esta fervenza, seguiremos pola pista asfaltada e logo de que esta se incorpore á estrada que ven de Cures, pasaremos a ponte que cruza o río e á dereita tomaremos a pista asfaltada. Deixaremos o coche aquí e empezaremos a subir pola pista, que termina a carón dun pequeno muíño e dunha toma de auga. Aquí xa podemos ver a primeira das fervenzas. O acceso non está sinalizado. Atopámolas no rego da Graña. Son varios saltos de auga alternados con pozas, de ahí o outro nome que reciben, pozas ou pozos de Cures.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba