FERVENZA DO REGO DE CORVELLE

Fervenzas
348

Localización

Parroquia: O Cadramón (San Xurxo)

O Valadouro - Lugo

Coordenadas:
43º 29' 35.3" N - 7º 29' 26.9" W

Descrición

Esta fervenza está no rego de Corvelle, un afluente do Ouro que baixa do regato de Pena Cadela (Xistral). Nas proximidades das Rozadas (O Cadramón) o rego cae nun forte desnivel dando lugar a varias fervenzas, a máis grande duns 50 m de altura. Para chegar a ela sairemos dende san Xurxo do Cadramón onde, ao pé da igrexa, colleremos a estrada que vai ao Pereiro. Despois tomaremos o primeiro desvío á esquerda, que vai ás Rozadas, e dende alí continuaremos a pé ata o río para chegar ata un grupo de muíños entre os que caen as fervenzas.



Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba