POZO BASTÓN

Fervenzas
151
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Araño (Santa Baia)

Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 43' 30.0" N - 8º 46' 19.7" W

Descrición

Atoparemos esta fervenza na aldea da Ferrería, na parroquia de Araño. O acceso está sinalizado. Este pozo atopómolo facendo a ruta de sendeirismo PR-G15 Subida ao monte da Muralla. Comezaremos a camiñar e despois dun quilómetro aproximadamente, baixararemos cara ao río, cruzarémolo por unha ponte e continuaremos subindo polo monte polo camiño que se vai separando paulatinamente do curso do río. Ao chegar a unha esplanada a man esquerda, hai un letreiro que nos indica onde está a fervenza; cruzaremos novamente o río seguindo o carreiro da dereita. O pozo está no rego Treito, afluente do río Té, que desemboca en Rianxo.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba