Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DAS CAMPAÍÑAS&body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DAS CAMPAÍÑAS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/211015000147/fervenza-das-campainas?langId=gl_ES%26tp=40004330
Para chegar a esta fervenza dirixirémonos ao castro de Castrolandín, situado a menos de 1 quilómetro da vila de Cuntis, poboado castrexo fortificado de finais da Idade de Ferro (s.IV a.C-I d.C.). Aí deixaremos o noso vehículo para continuar a pé.
No inicio da ruta atoparemos un cartel informativo coas indicacións para chegar aos diferentes puntos. A partir de aquí seguimos un sendeiro que baixa ata o río da Patela e cruzarémolo por unha pequena ponte de madeira xunto á que atopamos 3 frechas que nos indican as direccións a seguir e as distancias: a fervenza das Campaíñas (a 200 metros), a fervenza de Hérvedo (a 300 metros) e a fábrica da luz (a 250 metros).
O traxecto discorre por unha pista ancha e sen complicacións pero se queremos baixar ao pé do salto principal, duns 8 metros de altura, teremos que camiñar uns metros máis para coller un pequeno sendeiro que sae á man dereita. Baixaremos ata o río e retrocederemos uns metros para chegar á fervenza das Campaíñas.
IMPORTANTE; este último tramo é estreito e sombrío, polo que debemos extremar a precaución sobre todo en época de chuvias.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.