POZAS DO CARBOAL

Fervenzas
360
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Buxantes (San Pedro)

Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 57' 41.9" N - 9º 09' 04.7" W

Descrición

Para achegarnos a estas pozas iremos ata O Carboal, no ayuntamiento de Dumbría. Como a ruta non está sinalizada, tomaremos como referencia unha casa de ladrillo que está a carón da estrada e xunto a unha carpintería. Xusto do outro lado da estrada está o inicio da ruta. O camiño vai descendendo pouco a pouco e, ao chegar a unha bifurcación, xiramos á esquerda para continuar por un camiño ata as beiras do río. A medida que avanzamos polo sendeiro, que non está balizado nin sinalizado, vemos as distintas pozas. Nalgúns casos haberá que botar man da imaxinación para atopar o camiño que nos permita seguir descendendo. O río que forma as pozas é o río Buxantes. Nuns 800 metros a auga cae 40 metros nunha sucesión de fervenzas.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba