FERVENZA DO RABIÑOSO

Fervenzas
418

Localización

Parroquia: Gándara (Santa María)

Lugar: Vilar Ramilo

Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 17.8" N - 8º 51' 28.4" W

Descrición

Atopámola na Ruta da Auga de Zas, una ruta de sendeirismo circular de 10 km de percorrido, coa auga do río do Sisto como fío conductor da ruta. Esta caída de auga está rodeada por un espeso bosque de ribeira, na súa contorna poderemos ver unha vella pontella de laxes, un antigo vao por onde pasaban as persoas namentres que os carros ían polo río, e un muíño senlleiro, pois ten o farneiro escavado na rocha.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba