FERVENZA DE VILARIÑO

Fervenzas
404

Localización

Parroquia: Vilariño (Santa María)

Agolada - Pontevedra

Coordenadas:
42º 44' 59.3" N - 8º 02' 51.7" W

Descrición

Para chegar ata ela colleremos a estrada de Lalín a Lugo, desviándonos cara a Vilariño. Alí hai unha área recreativa con restaurante. Alí podemos deixar o coche. Despois encamiñarémonos pola pista asfaltada que vai a unha minicentral. Unha vez cheguemos á minicentral, trataremos de abrirnos paso pegados ao valo exterior da mesma, ata chegar a unha estrutura metálica, que cruza a auga que sae da mesma. Ao finalizar a estrutura metálica, baixaremos ao río con precaución, xa que as rocas escorregan bastante. A ruta para chegar á fervenza non está sinalizada .
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba