FERVENZAS DO FOLÓN E PICÓN

Fervenzas
128
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Rosal (Santa Mariña)

O Rosal - Pontevedra

Coordenadas:
41º 57' 44.8" N - 8º 50' 26.8" W

Descrición

Para chegar a elas seguiremos as indicacións existentes no concello do Rosal. Trátase de dous afluentes do río Tamuxe, que baixa desde o monte San Martiño, creando varios saltos de auga por riba das formacións  graníticas. A auga é aproveitada por un conxunto de muíños encadeados de gran interese etnográfico e estético.  Dependendo do rego ao que pertenzan, divídense en  Folón e Picón. Existe un roteiro de sendeirismo circular que nos achega a estes dous conxuntos de muíños e, durante o percorrido, hai varios miradoiros con vistas á zona do Rosal e do estuario do Miño.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba