FERVENZAS DE PONTE

Fervenzas
333
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ponte (San Miguel)

Silleda - Pontevedra

Coordenadas:
42º 42' 57.9" N - 8º 13' 14.7" W

Descrición

Na parroquia de Ponte o río Mera, afluente do Deza (Ulla), salva un desnivel en rochas graníticas con varios saltos. O máis grande ten 8 m de altura. No lugar de Rosende cruzaremos o río e colleremos unha pista á esquerda que leva á depuradora. Non hai sinalización para chegar ata elas. Para ir á primeira fervenza, nada máis cruzar a ponte seguiremos pola marxe dereita río abaixo. A fervenza vémola a carón duns muíños abandoados. Para chegar á segunda hai que achegarse á depuradora de augas residuais de Silleda e desde alí coller un carreiro á esquerda que segue a canle da depuradora aproximadamente uns 200 m. Para ir á terceira seguiremos a pista polo pé da canteira ata o campo de tiro, seguindo camiño abaixo ata o río. 

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba