POZO SANGOENTO

Fervenzas
338

Localización

Parroquia: Cerdedo (San Xoán)

Lugar: Cavadosa

Cerdedo-Cotobade - Pontevedra

Coordenadas:
42º 30' 04.6" N - 8º 23' 58.7" W

Descrición

No lugar de Cavadosa (Cerdedo) comeza a ruta, que está indicada. Seguiremos río abaixo ata chegar ao pozo. O río do Seixo forma unha ampla poza na que cae formando unha fervenza de 5 m de altura.  Varias lendas falan da Serpe Bichoca que vive na poza e garda un tesouro. Os que tentan collelo, morren.  Todos os que a viron coinciden nas súas grandes dimensións, o que a elevarían á categoría de monstro. Segundo a lenda, uns bois transportaban un carro, un arado e unha  grade, todo de ouro. Nunha fatídica manobra, a parella de animais que empuxaba a carga foise de mans, envorcou e precipitouse ladeira abaixo ata quedar no fondo do Pozo. 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba