CANÓN DO FEAIS

Fervenzas
164
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cereixido (Santa María)

Quiroga - Lugo

Descrición

Na parroquia de Santa María de Cereixido (Quiroga) o río Feais ou Ferredo, afluente do Soldón, pola marxe esquerda, forma un canón de 8 km de lonxitude con 17 fervenzas (as máis altas teñen 45, 35, 30 e 25 m) e catro tobogáns de gran tamaño. A última fervenza, duns 7 m de altura, vese desde a estrada, sobre todo no inverno. O percorrido so é apto para especialistas. Para chegar a ela colleremos a estrada que vai de de Quiroga a Paradapiñol e, uns quilómetros despois de pasar Paradaseca, vese fronte á estrada pola dereita, a fervenza situada na desembocadura. Pódese acceder por unha ruta desde Paradapiñol cruzando o río. 

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!