CAPELA DE SAN BARTOLOMÉ

Relixioso
226

Localización

Parroquia: O Hío (Santo André)

Lugar: Vilariño

Rúa da Capela

36945  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 32.4" N - 8º 49' 07.1" W

Descrición

Atópase na parroquia de Hío, concretamente en Vilariño, e está dedicada a San Bartolomé, un dos doce Apóstolos que compartiron mesa con Xesucristo na Última Cea. Trátase dunha pequena edificación do S. XVI (1593) de trazos moi simples onde case non se aprecia o carácter renacentista da súa portada. Foi mandada construír por un importante veciño de Cangas, D. Xoán Labado Mercador, capitán da  vila que pediu tras a súa morte que lle dedicasen unha misa ao mes (feito moi usual entre a xente adiñeirada da época). No ano 1617, data clave na historia de Cangas, a capela sufriu o paso dos piratas turcos, tendo que ser restauradas algunhas das imaxes. En canto a San Bartolomé a lenda di que foi esfolado vivo, por iso é polo que os seus atributos son o coitelo ou ben a súa propia pel que o santo leva no brazo dunha soa peza a modo de gabán. A súa festividade conmemórase o día 24 de Agosto. 

Acceso

Saír do núcleo urbano pola PO-315 dirección Aldán/Bueu pola costa, seguir por esta estrada 4,8 km, logo desviarse a esquerda pola Rúa David Cal/EP-1004, despois de 45 m xirar a dereita e seguir pola Rúa Baixada á Praia de Vilariño uns 35 m, logo manterse á dereita para continuar pola Rúa Coutivada, tras 75 m xirar a dereita cara Rúa da Vereda, finalmente despois de 35 m xirar a esquerda cara Rúa da Capela, despois de percorrer 40 m a capela está na marxe dereita.

Estilos

Renacentista
Arriba
Axúdanos a mellorar!