CAPELA DE SANTO DOMINGO

Relixioso
413

Localización

Parroquia: Coiro (San Salvador)

Lugar: A Rúa

Camiño Vello de Rodeira

36947  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 49.1" N - 8º 45' 41.4" W

Descrición

Situada na parroquia de Coiro e lindando coa parroquia de Tirán (Moaña), levántase esta ermida fundada no ano 1718 pola familia Hormaeche. Do mesmo xeito que as outras capelas, esta consta dunha soa nave con cuberta a dúas augas. Nun principio tamén había devoción por Santa Isabel. A ermida tiña unha finalidade simplemente onomástica aos seus fundadores: Domingo de Hormaeche e Isabel de Oitabén.

Acceso

Saír do núcleo urbano pola PO-515 dirección Moaña, seguir por esta estrada 2 km, logo desviarse a esquerda polo Camiño Vello de San Roque, despois de 60 m a capela situase á dereita do camiño.

Estilos

Barroco
Arriba