CAPELA DO HOSPITAL

Relixioso
516

Localización

Parroquia: Cangas (Santiago e San Salvador)

Lugar: Cangas

Xardín do Sinal (Alameda Nova)

36940  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 47.4" N - 8º 46' 59.7" W

Descrición

O crego Gonzalo de Nogueira e Araujo foi o precursor da fundación dun novo hospital e da sinalada capela, empezada no 1711 e rematada no 1715. A capela da Nosa Señora da Concepción, como se coñecía anteriormente, permanece ata que é vendida e desmantelada pedra a pedra en 1966. A súa situación orixinal foi na rúa de Eugenio Sequeiros, exactamente onde hoxe está o edificio de ABANCA. A finais dos anos noventa empeza a tomar forma o proxecto de reconstrución da antiga capela, que culminou no 2002 coa súa inauguración nos Xardíns do Sinal. A capela non é utilizada para fines relixiosos, pero funciona como unha sala de exposicións e é lugar de vodas civís.
Arquitectonicamente, consta dunha soa nave, con ábsida cuadrangular con ameas, e en cuxo interior atópase a tumba do seu fundador. No brasón da fachada, resaltan os símbolos da familia Araujo así como o da Santa Inquisición. A capela  está dedicada a San Roque, a quen se lle rendía culto. A modo de anécdota, contar que á morte do prior, atopouse unha caixa con 30.000 reais de prata, realmente unha fortuna tendo en conta que por aquel entón unha casa custaba uns 2.000 reais de prata.

Acceso

A capela está situada en pleno casco urbano, nos Xardíns do Sinal (Alameda Nova).

Estilos

Barroco
Arriba