FONTE FERREIRA

Etnográfico
241

Localización

Parroquia: Cangas (Santiago e San Salvador)

Lugar: Cangas

Avenida de Moaña

36940  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 50.6" N - 8º 47' 11.2" W

Descrición

É un dos  lavadoiros máis grandes dos que se conservan pola zona, onde antigamente as mulleres acudían a lavar a roupa sucia, sendo ao mesmo tempo lugar de encontro e intercambio de confidencias.
Estes lavadoiros situábanse en lugares onde había manancial de auga propia.
Ademais, na maioría dos casos, estaba rodeado de zonas verdes, o que facilitaba ás mulleres poñer a roupa a clareo, e así conseguíase ese ansiado acabado impoluto.
Inda que pareza anecdótico hoxe en día hai moita xente que segue a lavar a roupa nestes lavadoiros.

Acceso

Atópase no casco vello da vila, subindo polo Rúa Real coller a primeira a esquerda pola Rúa do Hío, logo xirar a dereita no primeiro cruce pola Av. de Moaña onde se atopa a fonte no marxe esquerdo. 
Arriba
Axúdanos a mellorar!