BARRIO DO OUTEIRO

Civil
449

Localización

Parroquia: Cangas (Santiago e San Salvador)

Lugar: Cangas

Barrio do Outeiro

36940  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 49.3" N - 8º 47' 11.1" W

Descrición

No barrio do Outeiro e no do Costal, é onde se producen os primeiros asentamentos de casas no s. XII.
O trazado é irregular debido á orografía, pois está levantado sobre unha gran rocha.
Quedan zonas antigas nas que se pode apreciar a rocha viva no chan, como na subida a Síngulis, na Berbetaña e no propio Outeiro. É polo tanto o barrio máis vello e máis alto, de aí o seu nome, desde o que se pode ver ata a punta de Rodeira, a pesar das novas construcións que tapan e afean o barrio.
As casas eran moi pequenas e foron construídas unhas pegadas ás outras para así aproveitar as medianeiras en busca dunha maior protección.
Pódense ver as "casas pincho", chamadas así polos tellados con formas agudas.

Acceso

Barrio situado en pleno casco vello da vila.
Arriba