CASA BARBICAS

Civil
320

Localización

Parroquia: Cangas (Santiago e San Salvador)

Lugar: Cangas

Rúa Benigno Soage 5

36940  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 51.0" N - 8º 47' 05.2" W

Descrición

Baixando as escaleiras situadas á dereita da igrexa, atopamos esta casa, que tanto ela como a que ten en fronte, son dous belos exemplos das típicas “casas de patín”, as casas mariñeiras por excelencia de Cangas.
Esta casa ten a súa historia. Dise que na época medieval, sobre o s. XVI foi a primitiva Capela do Hospital. No seu interior conserva un arco de medio punto con motivos de bólas, sabéndose de certo que foi a porta de entrada da primitiva capela, queimada polos turcos no 1617.
Posteriormente, no século XVIII foi cárcere, quedando aínda pequenos barrotes en varios pertuxos. Durante o S. XIX e ata o 1900 aproximadamente foi sede do concello. A principios do S. XX foi escola, a popular “Escola de Barbicas”, chamada así polo seu mestre D. Manuel Mosquera.
A comezos do 2000 rehabilitouse, poñéndose en valor como un dos elementos arquitectónicos patrimoniais máis importantes de Cangas.

Acceso

Situada en pleno casco vello, ao carón da Ex- Colexiata de Santiago de Cangas. Acceso a través da Rúa Real, despois de camiñar uns metros xirar a dereita pola Rúa de Benigno Soage, na marxe esquerda atópase dita casa.
Arriba