MAUSOLEO Á CARÓN DA IGREXA PARROQUIAL DE ALDÁN

Civil
447

Localización

Parroquia: Aldán (San Cibrán)

Lugar: San Cibrán

Praza Obispo Cerviño

36945  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 45.5" N - 8º 48' 57.2" W

Descrición

Construído en 1879, segundo consta na inscrición. Obra tamén atribuída a Cerviño. Na actualidade atópase considerablemente deteriorada. Garda unha gran semellanza co mausoleo do cemiterio de Cangas, aínda que o de Aldán é de características máis sinxelas. Con esta obra, serían catro as realizacións atribuídas a Cerviño no Morrazo. É dicir, os dous mausoleos, a fonte da Colexiata de Cangas e o Cruceiro do Hío.

Acceso

Saír do núcleo urbano pola PO-315 dirección Aldán/Bueu pola costa, seguir por esta estrada 5,35 km, logo desviarse a esquerda pola Rúa Bispo Cerviño, despois de 110 m xirar a dereita pola rúa camiño Vello, tras 30 m chégase a igrexa parroquial a carón da cal está situado o mausoleo.
Patrimonio cultural Civil Cemiterios singulares
Arriba