IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE ADELÁN

Relixioso
684

Localización

Parroquia: Adelán (Santiago)

Lugar: A Igrexa

27773  Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 30' 59.9" N - 7º 23' 42.9" W

Descrición

A igrexa actual é o froito dunha serie de intervencións ao longo dos séculos. Del século XII consérvanse algúns elementos, aínda que a parroquia xa existía no século VII e hai autores que datan a portada no século X, pero o resto da construción é do século XVII. Ten tres naves separadas por arcos de medio punto e a sancristía situada detrás da cabeceira. A fachada principal conserva a portada románica, con arco de medio punto con dúas arquivoltas e columnas con capiteis figurativos; son curiosas baséalas, que son en realidade capiteis invertidos, o que fai pensar na reutilización de elementos arquitectónicos anteriores. Ten espadaña de dous vans e consérvanse retablos no interior.
Arriba