IGREXA PARROQUIAL DE SAN CREMENZO DE PAZOS

Relixioso
163

Localización

Parroquia: San Cremenzo de Pazos (San Cremenzo)

Lugar: San Cremenzo de Pazos

15851  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 33.0" N - 8º 54' 21.9" W

Descrición

Construción orixinal de época románica, pero sofre importantes reformas posteriores. Ten unha nave de planta rectangular, muros encalados, cuberta a dúas e tres augas e tellado de tella. A fachada ten unha porta rematada por arcos de medio punto abucinados e unha ventá rectangular. Sancristía pegada a un dos laterais da nave. Espadana de dous corpos, con tres vans e dous arcos de medio punto sobre machóns. Ten un retablo neoclásico de 1805 no interior.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada cara a Ponteceso. Na aldea de As Pereiras tórcese á dereita dirección a aldea de Castro. O seguinte pobo é o de Pazos.
Arriba