IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE VILAR

Relixioso
880

Localización

Parroquia: Vilar (San Pedro)

Lugar: Vilar

15150  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 06' 33.9" N - 8º 57' 29.0" W

Descrición

Construída no s. XVIII. Ten unha nave de planta rectangular, muros revestidos e cuberta a catro augas con tellado de tella. A fachada, de cantería, ten unha porta alintelada enmarcada por unha fornela coa imaxe do Patrón e unha ventá. Hai un voladizo decorado con bólas e balaústres. Sancristía pegada ao presbiterio. Espadana de tres vans rematada por un frontón triangular e pináculos. Ten un retablo neoclásico, realizado polo escultor Francisco Castro Agudín, con imaxes no interior.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada a Tines. Ao pasar Lugar de Artón está Vilar e á dereita a igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!