IGREXA PARROQUIAL DE SAN XILLAO DE TOR

Relixioso
291
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Xillao de Tor (San Xillao)

Lugar: A Eirexe 3

27591  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 33' 23.0" N - 7º 34' 41.9" W

Descrición

É un edificio de nave rectangular cuberta de madeira a dúas augas, capela maior con arco triunfal rebaixado e sancristía acaroada ao alzado norte do presbiterio. Na fachada atópase unha porta de medio punto  e espadana de dous vans. Sobre a porta sur da nave hai un pórtico. No interior atópanse tres retablos neoclásicos. O maior presenta pinturas de medallóns da Dolorosa e de San Brais e diversas esculturas entre elas a do titular San Xillao. O dereito ten a imaxe de Nosa Señora do Carme e pintura en táboa de San Francisco de Asís e o esquerdo ten a escultura de Nosa Señora do Rosario e San Xosé pintado en táboa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!