IGREXA PARROQUIAL DE SAN SALVADOR DE SEOANE

Relixioso
468
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Seoane (San Salvador)

Lugar: O Mato 10

27590  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 32' 26.0" N - 7º 32' 44.0" W

Descrición

Foi construída na década dos sesenta do século XX no lugar do Mato. Ten planta de cruz latina. Sobre o punto onde se cruzan o cruceiro e a nave levántase un volume a modo de cúpula coroado por unha lanterna. O campanario está nun dos laterais da fachada principal.  A igrexa presenta un grande número de ventás no presbiterio e na nave. Estas están decoradas con interesantes vidreiras de temática relixiosa. En dúas pendentes da cúpula atópanse composicións pictóricas de Xesús e da Virxe María obra da pintora monfortina Celia Cortés. No presbiterio destaca a imaxe do Salvador. Outras imaxes existentes na igrexa proceden de construcións anteriores. Anteriormente o templo estaba no núcleo da Eirexe.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba