IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARIÑA DO MONTE

Relixioso
468
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santa Mariña do Monte (Santa Mariña)

27415  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 30' 07.3" N - 7º 28' 03.9" W

Descrición

Data do século XVII se ben tivo reformas posteriores. Ten planta rectangular con cuberta a dúas augas resolta en tella. A capela maior sobresae do conxunto e está resolta con cuberta a catro augas. A fachada principal ten adro cuberto soportado por dúas columnas de pedra e espadana de dous vans. Ten sancristía e capelas anexas á nave principal. O retablo maior de estípites do século XVIII presenta as imaxes de Santa Mariña e da Nosa Señora do Carme. O templo foi construído sobre as ruínas dun antigo castro en cuxas inmediacións mana a fonte de Santa Mariña á que os veciños atribúen propiedades curativas.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba