IGREXA PARROQUIAL DE SANTO ANDRÉ DE DISTRIZ

Relixioso
263
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Distriz (Santo André)

Lugar: Distriz 1

27419  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 30' 17.1" N - 7º 33' 06.8" W

Descrición

Templo moderno de planta rectangular con cuberta de tella a dúas augas. O volume da nave central sobresae por riba das laterais o cal permite a abertura de ocos. Na entrada atópase un pórtico cuberto e a fachada principal remata nun campanario de planta cadrada e dous niveis rematado con cruz simple. O retablo maior é neoclásico e as esculturas do templo datan dos séculos XVIII e XIX.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba