CAPELA DE SAN ROQUE

Relixioso
157

Localización

Parroquia: Meira (Santa María)

Lugar: Meira

Rúa Costa de Cabo s/n

27240  Meira - Lugo

Coordenadas:
43º 12' 40.9" N - 7º 17' 47.6" W

Descrición

Monumento renacentista construído no 1519. Dunha soa nave con cabeceira semicircular e anexo lateral esquerdo e saeteira no mesmo lado. Construída en cachotería e morteiro de cal e cuberta a dúas augas en lousa. Fachada de granito coroada por unha cruz e portada de arco de medio punto con porta de forxa e cristal.
No interior, retablo neoclásico de dous corpos con tres vans no inferior e un no superior. Imaxes de San Roque, San Xosé e Sagrado Corazón.
Conserva dúas lápidas de enterramento de curas de Meira, de 1904 e 1945. 
Accédese por medio do cemiterio parroquial do mesmo nome que a capela.

Estilos

Renacentista
Arriba