IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE CHAVAGA

Relixioso
371
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Chavaga (San Xoán)

Lugar: O Cotelo 8

27411  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 32' 12.0" N - 7º 25' 54.9" W

Descrición

Está situada entre os núcleos do Cotelo e do Cabo. Ten cuberta a dúas augas resolta en lousa e adro cuberto anexo á reitoral sobre o que se sitúa a espadana de dous vans. No interior conta con tres retablos do século XVIII. O da capela maior é de estilo rococó con esculturas de San Xoán, Santo Antonio, San Bartolomeu, San Roque e Santa Catarina. No da dereita atópase unha escultura da Nosa Señora do Rosario e na sancristía unha da Inmaculada do século XVIII.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba