IGREXA PARROQUIAL DE SANTALLA DE CANEDA

Relixioso
404
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Caneda (Santalla)

Lugar: Campelo 2

27415  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 30' 42.0" N - 7º 27' 38.0" W

Descrición

Templo moderno situado no núcleo de Eirexe. O retablo maior presenta unha imaxe de Santa Baia moderna. Consérvase dun retablo do templo anterior un fragmento coa porta do sagrario e unha fornela superior de estilo rococó. Tamén se atopa no templo un óleo que representa o triunfo de Santa Baia probablemente do século XVII e procedente quizais dun retablo anterior. Sobre o lintel da porta principal atópase un escudo abacial con báculo e catro cruces.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba