IGREXA ROMÁNICA DO S. XII EN SANTO ESTEVO DE CASTELÁNS

Relixioso
399

Localización

Parroquia: Casteláns (Santo Estevo)

36876  Covelo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 08.0" N - 8º 23' 36.2" W

Descrición

Nesta parroquia consérvanse os restos dunha igrexa románica de finais do século XII, a cal foi un mosteiro, probablemente de monxas beneditinas. O único que queda da súa construción é a súa ábsida, de cuarto de esfera sobre nervios procedentes de pequenas columnas, no cal se aprecian tamén pequenas ventás de arquivolta semi-circular, apoiada en columnas por dentro e por fóra. Tamén posúe ménsulas, e os arcos interiores dalgunha ventá son de ferradura de influencia mozárabe. Estes restos poden ser visitados en Mondariz-Balneario, a onde foron trasladados a principios do século pasado. Así pois, en Casteláns consérvanse varios escudos heráldicos en varias casas que teñen un notable interese.

Estilos

Románico
Arriba
Axúdanos a mellorar!