CAVORCO DA FERVENZA GRANDE

Fervenzas
185

Localización

Parroquia: Hórreos (San Pedro)

Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 49.9" N - 7º 03' 28.4" W

Descrición

O Cavorco da Fervenza Grande, afluente do río Visuña cuxas augas morren no río Selmo, está situado na parroquia de San Pedro de Hórreos, no concello de Folgoso do Courel.

Cavorco é unha palabra galega que significa: "camiño profundo entre montañas por onde corre un regato". A fervenza, que cae dende unha gran altura, pódese ver dende a estrada DP-50-01 que vai a Visuña. É case imposible achegarse a ela, xa que está situada nun desfiladeiro cunha gran pendente.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!