FERVENZA DE VILARIÑO

Fervenzas
463

Localización

Parroquia: Randín (San Xoán)

Lugar: Vilariño

Calvos de Randín - Ourense

Coordenadas:
41º 52' 35.3" N - 7º 53' 04.3" W

Descrición

O concello de Calvos de Randín sitúase ao sur da provincia de Ourense, limitando con Portugal, nas estribacións das serras de Larouco, da Pena e do Xurés

Dende a capital do concello colleremos o camiño da Pereira en dirección ao lugar de Vilariño. Pouco antes de chegar á aldea atoparemos o regato do Muíño Vello, que forma esta pequena fervenza duns 5 metros de altura, situada ben preto da fronteira con Portugal.

Xunto ao sinal que nos marca o camiño a seguir para chegar ao cadoiro poderemos deixar o noso vehículo. Continuamos a pé para percorrer os escasos 100 metros que nos separan da fervenza.
 

 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba