CASAS ALCOBAS DEL SIL

Cámpings - 1 estrela
1320

Localización

Lugar Noguedo s/n

32740  Parada de Sil - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 36.3" N - 7º 32' 27.1" W

Descrición

Complexo Rural único no corazón da Ribeira Sacra. As catro cabanas teñen unhas impresionantes cristaleiras panorámicas con vistas ao Canón do Sil. Todas contan con terraza desde onde contemplar a impoñente paisaxe da Ribeira Sacra e gozar dunha copa de viño da zona. A capacidade máxima de cada cabana é de dous adultos e un neno ata doce anos. Todas son Petfriendly para que poidades gozalas  acompañados da vosa  mascota.

No seu interior dispoñen de habitación con cama de 1,50*m , baño con ducha e cociña americana totalmente equipada, con vitrocerámica, cafeteira, torradora, neveira, e microondas.Un lugar moi especial para desconectar e coñecer a zona.

Tipos de servizos

Accesible autos
Admisión animais de compañía
Admite tarxetas de crédito
Aluguer de bicicletas
Arboredo
Auga quente xeral
Corrente eléctrica
Internet
Wifi
Arriba