CAPELA DE BUXÁN

Relixioso
1384

Localización

Parroquia: Bande (San Pedro)

Lugar: Buxán

32840  Bande - Ourense

Coordenadas:
42º 01' 05.9" N - 7º 58' 29.9" W

Descrición

A capela de Buxán está dedicada a San Blas e Santa Ana. A construción de perpiaño reserva os bloques regulares para a fachada. A porta de acceso é alintelada, con pequenas ventás laterais. Unha espadana dun arco, rematada con cruz, pecha o conxunto. No seu interior reciben culto populares imaxes dispostas no seu altar, dúas delas do santo titular. Destaca un talle gótico da Virxe co Neno, de pé e coroada, aínda que de factura popular.

Acceso

A 2,3 km de Bande seguindo a estrada OU-540. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-540 (dirección Lobios) ou tamén chamada rúa Pombal. No km. 2 desviarse á man dereita, a 100m. de novo á dereita.
Arriba