HOTEL DEVALAR DO MAR

Hoteis - 3 estrelas
331

Localización

Parroquia: Camariñas (San Xurxo)

Lugar: Area da Vila 7

15123  Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 23.2" N - 9º 10' 39.4" W

Descrición

O Hotel Devalar do Mar é un hotel vangardista de 3 estrelas no corazón da COSTA DA MORTE. Na entrada de Camariñas, a tan só 50 metros da praia e na Ruta dos Faros, con inmellorables vistas á ría, en concepto de edificio aberto cunha gran praza central na que se reparten as súas espectaculares 15 habitacións e suite.

Materiais vivos; formigón, madeira, vidro, describe o conxunto arquitectónico. As liñas rectas e as arestas afiadas dan harmonía a unha estrutura suspendida, un cubo único, cunha gran cuberta transitable que nos ofrece un enorme solárium e unha xenerosa terraza desde a que obter as mellores vistas da ría. Un espazo único, para o desfrute, o relax, unha panorámica de 360º dende a que ver o mar devalar.

Todas as habitacións son exteriores e están situadas no primeiro andar do edificio para ofrecer as mellores vistas. Grandes fiestras, espazos abertos e osixenados, decoración minimalista e funcional. Cuartos dotados de equipamento de descanso de máxima comodidade, iluminación relaxante, zona de traballo, gran espazo de ducha de hidromasaxe, Smart TV de gran formato, carta de almofadas y aire acondicionado individual. 

Tipos de servizos

Admite tarxetas de crédito
Aire acondicionado
Aire acondicionado nos cuartos
Aparcadoiro de superficie
Ascensor
Bar cafetaría
Calefacción individual
Cuartos familiares
Fálase alemán
Fálase francés
Fálase inglés
Fálase italiano
Internet / wifi en zonas comúns
Internet nos cuartos / wifi
Restaurante
Secador de cabelo nos cuartos
Televisión nos cuartos
Xardín terraza

Réximes

Almorzo
Almorzo buffet
Media pensión
Arriba