IGREXA DE SAN XOAN DE GARABELOS.

Relixioso
164

Localización

Parroquia: Garabelos (San Xoán)

Lugar: Garabelos

32847  Bande - Ourense

Coordenadas:
42º 00' 20.9" N - 7º 56' 27.9" W

Descrición

A igrexa presenta planta rectangular con presbiterio resaltado en altura. A portada é de medio punto formada por grandes doelas labradas en forma de casetón, algúns lisos e outros con decoración vexetal. A espadaña arranca da cornixa, moldurada en gola; consta de dous arcos con arquitrabe no terzo superior e remate de frontón triangular. No interior, o retablo maior, de perfil curvo, contémplanse altorelevos do Bautismo de Cristo e Decapitación do Bautista no banco; no sagrario escena do Sacrificio de Isaac, que se levanta en forma de tabernáculo sustentado por estípites. A ambos os dous lados, en fornelas trilobuladas as imaxes de Santo Antonio e a Dolorosa. Coroa o altar o Redentor.
Os retablo laterais completan a imaxinaría do templo.

Acceso

A 6,7 km do centro de Bande seguindo a estrada OU-301. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-301 ou tamén chamada rúa Mestre Taibo. Xirar á dereita a 4,4km. e despois recto ata o recurso. 
Arriba