IGREXA PARROQUIAL DE SAN BARTOLOMEU DE BELESAR

Relixioso
921
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Belesar (San Bartolomeu)

Lugar: Belesar

27514  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 35' 25.0" N - 7º 43' 32.9" W

Descrición

Igrexa de recente edificación, debido á construción do encoro dos Peares.
A planta é rectangular, cun presbiterio cadrado ao que se lle anexa no lado dereito unha sancristía de planta rectangular. Os muros son de cachotería e cantería de granito, con cuberta a dúas e tres augas.
Conserva no seu interior o que foi o retablo da antiga igrexa parroquial, que foi trasladado a esta. É de estilo barroco, coa seguinte inscrición: SE HIZO Y PINTO SIENDO CURA BERNARDO DE ROCA AÑO DE 1747.

Acceso

En Chantada coller a estrada LU-P 1801 en dirección a Belesar. A 1,8 km desviarse á esquerda pola estrada LU-P-1804.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!