IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DO MONTE

Relixioso
1319
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Monte (San Miguel)

Lugar: San Miguel

27511  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 40' 05.0" N - 7º 52' 23.9" W

Descrición

Da obra románica só queda o corpo da nave. De planta rectangular, con presbiterio con tramo cadrado e que remata en semicírculo. Os muros que a conforman son de cachotería e cantería de granito. A nave dispón de dúas seteiras, unha en cada lado, ademais dunha portada no lado sur, a única de estilo románico que se conserva. Formada por un arco de medio punto, con dúas arquivoltas, gornición exterior de billetes, imposta con greca, columnas nunha orde e capiteis con grifóns e bases ocultas. O tímpano está decorado cuns trazos simples que representan dous músicos e unha bailarina. Conserva canzorros de decoración variada. No interior consérvanse os restos dunhas pinturas murais do século XV, con escenas do descendemento.

Acceso

Saír de Chantada en dirección Lalín-Santiago pola LU-213. A igrexa atópase a 12 km, aproximadamente.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba