IGREXA PARROQUIAL DE SAN SALVADOR DE BRIGOS

Relixioso
845
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Brigos (San Salvador)

Lugar: Brigos de Abaixo

27519  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 35' 49.9" N - 7º 47' 39.9" W

Descrición

Edificio románico que conserva íntegra a súa fábrica orixinal, a excepción de
pequenas reformas no frontispicio, portadas laterais e sancristía, que son do século XVIII. De planta rectangular, con presbiterio cadrado, ao que se lle anexa no muro esquerdo a sancristía. Muros de cachotería e cantería de granito, con cuberta a dúas e tres augas. Portada principal da nave con arco de medio punto con arquivolta tórica, gornición de axadrezado, columnas dunha orde e capiteis zoomorfos. A portada norte da nave, na actualidade tapiada, ten arco de medio punto con aresta viva sobre as xambas. Conserva canzorros zoomorfos e xeométricos. O frontispicio remátase cunha espadana de dous vans. 

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba