IGREXA PARROQUIAL DE SAN SIMÓN DA COSTA

Relixioso
1626
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Simón da Costa (San Simón)

Lugar: O Valado

27815  Vilalba - Lugo

Coordenadas:
43º 22' 53.9" N - 7º 36' 42.0" W

Descrición

Igrexa construída entre os anos 1802 e 1804 imitando os vellos modelos do s. XVII da bisbarra do Val do Landro, que substitúe a vella igrexa situada no mesmo lugar. De fábrica de cachotería luosenta e granítica, con reforzos de vans e esquinais de cadeirado de granito, e cuberta luosenta a dúas augas en naves, a catro en presbiterio e a tres en sancristía engadida na cabeceira. De tres naves separadas por piares e arcos. Amplos e robustos contrafortes no muro lateral dereito, para evitar a caída do templo. Fachada principal con ampla porta alintelada, ventá cuadrangular e frontón triangular, ao lado da que se coloca a bonita torre campanario de dous corpos, con balaustrada e cúpula bulbosa, con porta lateral alintelada. Interior: retablo maior da segunda metade do s. XVIII, procedente da igrexa anterior á actual, dous retablos laterais neoclásicos, con varios talles de interese, e varios confesionarios antigos. Cemiterio parroquial antigo en fronte da igrexa.

Acceso

Dende o núcleo de Vilalba collemos a estrada en dirección de Lanzós-Costa-Viveiró, e a 8,2 Km. tomamos desvío á dereita sinalizado cara á Igrexa de San Simón da Costa. A 3,5 Km. atópase a Igrexa Parroquial de S. Simón á marxe dereito da estrada.
Accesibilidade: Peonil, en coche e en autobús.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba