CASA INDIANA EN REDES

Civil
415

Localización

Parroquia: Caamouco (San Vicente)

Lugar: Redes

15623  Ares - A Coruña

Coordenadas:
43º 25' 38.9" N - 8º 12' 18.0" W

Descrición

Monumental casa de estilo indiano, de tres plantas. Na fachada principal vense distintas tipoloxías e tamaños de vans, decrecendo en ornamentación e dimensións segundo aumenta a altura. A entrada presenta un voladizo de forxa e vidro. Interesante contraste de cor entre o granate do fondo e o gris claro dos esquinales, cornixas e vans. Na parte lateral hai unha galería de carpintaría branca de enormes dimensións soportada por piares con capiteis xeométricos. Todo o conxunto está rodeado por un frondoso e coidado xardín.

Acceso

Dende Ares tomar a estrada L-124, pasar Seselle e antes de chegar a un cruzamento con indicativo cara a Redes onde se atopa a casa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!