CASA MODERNISTA DE CERVÁS

Civil
1437

Localización

Parroquia: Cervás (San Pedro)

Lugar: Cervás

15621  Ares - A Coruña

Coordenadas:
43º 26' 35.9" N - 8º 16' 23.9" W

Descrición

Edificio de principios do século XX. Delimitado por un peche de pedra revogado en gris e branco e ornamentado cun enreixado de ferro forxado. Fachada principal de tres corpos. Planta baixa con vans remarcados por pezas de cadeirado e con carpintaría de madeira de gran calidade. Planta nobre cun pequeno balcón flanqueado por dúas galerías de influencia modernista. Terceiro corpo bufardado. Parte posterior con grandes extensións de prados rodeados por unha muralla perimetral de cachotaría.

Acceso

Dende Ares tomar a estrada Ares-Chanteiro, pasar por Lubre e ao chegar a Cervás tomar un desvío que leva ao centro da aldea onde está a casa.
Arriba