IGREXA PARROQUIAL DE SANTA BAIA DE LAÑAS

Relixioso
1339

Localización

Parroquia: Lañas (Santa Baia)

Lugar: Lañas

15839  A Baña - A Coruña

Coordenadas:
42º 57' 13.9" N - 8º 42' 24.9" W

Descrición

Construída na segunda metade do s. XII, sofre unha remodelación no s. XVIII. Ten unha nave de planta rectangular, cos muros de cadeirado granítico e a cuberta a dous e tres augas con tellado de tella. A fachada, de cadeirado en fiadas ben axustadas, ten unha porta alintelada con molduras, fornela e ventá abucinada cara ao exterior. Sancristía pegada ao muro Norte da Capela Maior. Espadana dun só corpo con tres machóns, dous acróteros balaustrados laterais, un corpo mixtilíneo central e un elevado remate balaustrado, de esvelto canon. Ten un único retablo e varias imaxes.

Acceso

Dende San Vicente, toma a estrada AC-444 en dirección a Negreira. A pouco máis de cinco km atópase o lugar de Ceilán. Aquí cóllese o desvío a man esquerda e séguese por esta vía cinco km, e en Lañas atoparemos a Igrexa ao lado esquerdo.
Arriba