IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE TROITOSENDE

Relixioso
189

Localización

Parroquia: Troitosende (Santa María)

Lugar: Troitosende

15839  A Baña - A Coruña

Coordenadas:
42º 56' 29.9" N - 8º 39' 51.9" W

Descrición

Construída a finais do s. XII no estilo románico, pero sofre reformas profundas e engádenselle novos elementos nos s. XVIII e s. XX. Ten unha nave de planta rectangular, cos muros de cadeirado granítico e cuberta a unha e dúas augas con tellado de tella. A fachada, de cadeirado granítico, ten unha portada enmarcada por dúas pilastras caxeadas con bases toscanas e capiteis dóricos. Por enriba corre un cornixamento, hai unha cornixa e unha ventá decorada con placas semicirculares. Sancristía pegada ao muro Norte. Espadana cuadrangular, con tres machóns sobre os que voltean dous arcos de medio punto laterais, no centro dous machóns cun arco de medio punto e un pináculo rematado por unha cruz metálica. Ten un pequeno retablo nunha das súas capelas e varias imaxes. 

A escalinata fronte á Igrexa estaría inspirada na do Obradoiro da Catedral de Santiago. 

O filme “A lingua das bolboretas” gravou escenas neste lugar. 

Acceso

Dende San Vicente, toma a estrada AC-444 en dirección a Negreira. A pouco máis de cinco km atópase o lugar de Ceilán. Aquí cóllese o desvío á man esquerda pola CP-0702 e séguese por esta vía cinco km, e en Lañas cómpre xirar á dereita cara a Valiña, e seguir por esta estrada outros 5 Km pasando por Menlle ata chegar a Troitosende, onde está a Igrexa.
Arriba