IGREXA DE SAN XIÁN DE MONDEGO

Relixioso
965

Localización

Parroquia: Mondego (San Xián)

Lugar: Quintán

15168  Sada - A Coruña

Coordenadas:
43º 21' 20.9" N - 8º 16' 53.9" W

Descrición

Igrexa que non responde a unha tipoloxía galega, pois mostra influencias de estilo inglés. Presenta planta rectangular, cunha única nave. No seu interior, aos pés da nave, hai un coro alto. Destaca na fachada principal a torre central, de planta cuadrangular, con dous niveis, e remata con esveltos pináculos. Sobresaen os vans de pequeno tamaño, con arcos de medio punto, que salpican toda a igrexa, e o óculo encima da porta de acceso principal.

Acceso

Dende Sada, tomar a AC-183 durante 2,5 km, na marxe dereita atópase a igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!