ESCOLAS GARCÍA NAVEIRA

Civil
1043
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: de los Cabildos

15300  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 57.9" N - 8º 12' 41.0" W

Descrición

Edificio situado no casco histórico da vila de Betanzos, construído a principios do século XX (1917). O proxecto foi realizado polo arquitecto Rafael González Villar. Presenta unha planta en forma de U. Mostra unha clásica división entre as dependencias para os nenos e as nenas, utilizando portas de acceso diferentes, destacadas por arcos profusamente decorados con molduras e flanqueadas por piares. Existe tamén un corpo central, comunitario, con grandes vans unidos por medio de arcos entrelazados, tamén moi decorados. O edificio remata con pináculos. As referencias históricas danlle personalidade. Os arcos bicolores recordan a arte islámica, a decoración que presentan é propia do barroco galego e, por suposto, a combinación de materiais (ladrillo, cemento, azulexos) segue os postulados modernistas. Hoxe coñécense, tamén, co nome de "Escolas de San Francisco".

Acceso

No núcleo urbano.
Accesibilidade: Inmediacións:autobús. Recurso: coche, peonil.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba