IGREXA DA NOSA SEÑORA DO CAMIÑO-OS REMEDIOS

Relixioso
483
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Tiobre (San Martiño)

Lugar: Caraña de Abaixo

Rúa Nosa Señora

15319  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 17' 02.0" N - 8º 12' 18.0" W

Descrición

I grexa de estilo renacentista do século XVI-XVII (1568-1601). A construción do edificio atribúese a Juan de Herrera. A planta divídese en tres tramos de diferente altura: ábsida, cruceiro e nave. O corpo principal pertence ao presbiterio, cuberto por unha grande bóveda de dobre trazado con terceletes. No cruceiro ábrense dúas capelas, dedicadas a San Caetano e Santo Antón, ambas as dúas cubertas con bóveda de crucería. Na fachada principal contén as imaxes de Cristo, Santiago e San Roque. A orixe do templo está relacionada coas lendas baseadas nas aparicións da Virxe. Sábese da existencia neste mesmo lugar dunha ermida anterior, que posuía hospital para peregrinos.

Acceso

Dende Betanzos, tomar a N-651 en dirección Ferrol, cruzar a Ponte Vella e continuar por Rúa Saavedra Meneses e xirar a dereita por CP-0906 ata atopar unha indicación do cemiterio municipal.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba