IGREXA DE SANTO ESTEVO DE PIADELA

Relixioso
1158
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Piadela (Santo Estevo)

Lugar: Piadela

15319  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 15.9" N - 8º 15' 00E-" W

Descrición

Igrexa, sen estilo definido, do século XVI. Presenta unha planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave. No interior o espazo intermedio entre o presbiterio e a nave está delimitado por un arco triunfal. No exterior presenta un interesante xogo volumétrico, destacando a pureza dos distintos corpos. Na fachada principal a porta de acceso mostra un arco de medio punto, con grandes doelas e impostas en resalte, e un pequeno escudo que dá paso a unha ventá. A cornixa serve de base a un singular campanario, que actúa como segundo corpo no pano de fachada.

Acceso

Dende Betanzos, tomar a AC-542, pasar Infesta, Guiliade, pouco despois xirar á dereita cara a Piadela, onde atópase a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!