SEIMEIRA DAS REIGADAS

Fervenzas
132

Localización

Parroquia: Bogo (San Pedro)

A Pontenova - Lugo

Coordenadas:
43º 17' 46.3" N - 7º 08' 54.7" W

Descrición

A seimeira das Reigadas está situada no PR-G 208 Ruta das Reigadas situada na Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

A ruta completa, que é lineal e ten aproximadamente 15 quilómetros de percorrido, comeza no lugar de Barreiros e remata en Bogo.

A ruta discorre pola Fraga das Reigadas, un dos bosques atlánticos máis grandes e mellor conservados de Europa, onde predominan os carballos e os castiñeiros, aínda que tamén hai outras especies máis raras como o olmo monte, o teixo ou o serbal dos cazadores.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba