FERVENZA DO REGO DE RIOBÓ

Fervenzas
147

Localización

Parroquia: Abelenda (Santa Mariña)

Lugar: Mouriscados

Avión - Ourense

Coordenadas:
42º 23' 25.1" N - 8º 17' 36.1" W

Descrición

O rego de Riobó é un afluente do rego das Fragas, unha das fontes do río Tea.

Para chegar a esta fervenza dirixirémonos ao lugar de Mouriscados, na parroquia de Santa Mariña de Abelenda (concello de Avión). Unha vez alí achegámonos ao Centro Social e, por detrás del, chegamos ao río que debemos remontar atravesando o monte para chegar ao salto de auga.

IMPORTANTE: é moi difícil chegar á fervenza, xa que non hai sendeiro nin camiño e hai zonas do monte polas que é difícil camiñar debido á gran cantidade de matogueiras e silvas.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba