FERVENZA DO RÍO AGRO

Fervenzas
250

Localización

Entrimo - Ourense

Coordenadas:
41º 56' 04.6" N - 8º 08' 10.3" W

Descrición

O río Agro é un afluente do río Limia que discorre entre os montes do Quinxo e Queguas. Ten un percorrido moi curto con varias zonas de rápidos e pequenas fervenzas.

Para velas podemos seguir a Ruta do río Agro, que comeza e remata no lugar da Terrachá, no concello de Entrimo. O percorrido completo é de 14 quilómetros, pero se non queremos camiñar tanto podemos comezar a ruta polo final e avanzar en sentido contrario ata as fervenzas, facendo un treito de 3,5 km (ida e volta).
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba